Neste blogue iremos contando as actividades que facemos no Obradoiro de Robótica. Neste obradoiro pretendemos fomentar a Programación e a Robótica entre o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria
luns, 27 de maio de 2019
martes, 2 de abril de 2019
domingo, 24 de febreiro de 2019
Os FrouxiMakers na First Lego League
O pasado sábado 16 de febreiro, os equipos de Robótica do CPI de Atios, FrouxiMakers Junior e FrouxiMakers Teens, participaron na fase galega da First Lego League que este ano tiña por temática "O Espazo", os Junior coa "Mision Moon" e os Teens coa "Into Orbit"
O equipo Junior creou un hábitat na Lúa, coa súa estación lunar, robots que extraen xeo e regolito, etc
O equipo Junior creou un hábitat na Lúa, coa súa estación lunar, robots que extraen xeo e regolito, etc
O equipo Teens realizou un proxecto de cultivo hidropónico en Marte ao que chamou "ASTROPLANT" , que non necesita terra, alimentandose de auga e fertilizante (ouriño dos astronautas), iria soterrado e as plantas medrarían con luz LED.
A participación deste equipo conseguiu o "Pemio Princesa de Girona ao Emprendemento"
domingo, 17 de febreiro de 2019
Relación velocidade, tempo, distancia. Experimentando con MBOT.
Reto:
Ao iniciar, o robot espera un segundo e acende a luz vermella. Avanza á velocidade que se indica na táboa e recorre 60cm. Ao rematar acende a luz verde. Anotamos o tempo empregado.
Repetimos a operación variando a velocidade e imos anotando os tempos.
Completa esta táboa programando o MBOT. Fai todos os ensaios que precises.
Distancia
|
Indicador MBOT
|
Velocidade cm/s
|
Tempo
|
60 cm
|
60
|
||
60 cm
|
80
|
||
60 cm
|
100
|
||
60 cm
|
120
|
Contesta:
1.Que
pasa ao aumentar a velocidade?
3.Cal
é a correspondencia entre o indicador do robot e a velocidade en
cm/sg? Completa a táboa
domingo, 3 de febreiro de 2019
MBOT. Probando, probando...
Νο obradoiro de 6º de EP comezamos cos MBOT.
Os retos de hoxe:
Reto 1.
O robot MBOT avanza cara adiante durante 3 segundos e fai unha parada doutros 3 segundos. Acende unha luz branca durante 4 segundos e apágase. Agarda 3 segundos e comeza de novo, agora mostrando unha luz doutra cor.
Reto 2.
Mostrar alternativamente, cada 4 segundos: cara alegre, cara triste, acende unha luz branca, apágase, toca catro notas seguidas e mostra a cara alegre.
Repite dúas veces.
Labirintos con scratch
O reto de hoxe!!!
O alumnado de 6º de EP no obradoiro de robótica segue a traballar co Scratch. Este martes practicou a facer un labirinto e mover un obxecto por dentro do mesmo.
O alumnado de 6º de EP no obradoiro de robótica segue a traballar co Scratch. Este martes practicou a facer un labirinto e mover un obxecto por dentro do mesmo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








