domingo, 29 de decembro de 2019

Xogando a construír máquinas

                                                                        Xoves 4 de decembro de 2019

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria construíron, en grupos cooperativos, máquinas simples cos equipos Lego.
Construíron pancas, poleas e outros aparellos nos que combinaron diferentes elementos: rodas, engrenaxes, eixes...
Esta actividade permitiu aos nenos e nenas participar en experiencias de tecnoloxía, ciencias e matemáticas.



xoves, 5 de decembro de 2019

PRIMEIRO PREMIO E MENCIÓN ESPECIAL NO X CONCURSO GALEGO DE ROBÓTICA

pasado venres 29 de novembro , Diego Rodríguez, Óscar González, Alexandre Ferreira, Javier Vega e Alba Iglesias de 1 da ESO, recolleron o 1 premio na categoría de 5 e6 de primaria e 1 da ESO, no X Concurso Galego de Robótica, organizado por @igaciencia e o Concello da Coruña.

Na categoría de 2,3 e 4 da ESO, Antón Maroño, Ainhoa Vigo, Martín Díaz, Martín Rey e Alba Iglesias de 4º ESO, acadaron a Mención Especial, pois ainda que tamén gañaron, según as bases, so se pode entregar un premio por centro educativo.


Parabéns a todo o alumnado do Cpi Atios Autorizada que participou, pois foron un exemplo de comportamento, cuns fantásticos resultados.





RECICLANDO O LEGO NXT