sábado, 17 de novembro de 2018

Descubrindo o número Pi con Lego WeDo

Os nenos e nenas de 5º de Primaria están estudando o universo en equipos cooperativos.
Ocorréusenos que podían montar un robot de Lego que semella un satélite artificial. 

Despois acopláronlle un rotulador para que debuxara círculos nunha cartolina.
Pensamos que se podían facer moitas cousas con eses círculos e entón...

En cada equipo escolleron un círculo e recortárono. Doblárono pola metado e coa axuda dunha regra mediron e anotaron  a lonxitude do diámetro.

Para medir a circunferencia empregaron un cordel que colocaron arredor do círculo de cartolina e despois de medir o cordel cunha regra, anotaron tamén a medida.

Os grupos tiñan círculos de tamaños diferentes e polo tando diferentes datos. Empregando a calculadora, fixeron a división entre as dúas medidas.

Cada equipo foi decindo o seu resultado e...sorpresa!!! Todos chegaron a un mesmo número: o número Pi.

Nesta actividade aprendimos xeometría, construímos un robot e programámolo e disfrutamos do colorido de moitos círculos e circunferencias.