mércores, 7 de marzo de 2018

EV3 co sensor de choque e bucle

O bucle fai que o proceso se repita un número de veces (limitado ou infinito), neste caso anda cara adiante e cando choca co sensor dianteiro, anda un pouco cara atrás (1 rotación) e xira 90º á esquerda, volve a andar.... e así repite o proceso ilimitadamente

Empregando o sensor de choque(táctil) e bucle

Programamos un "roomba" co sensor de choque e o bucle, o robot cando choca anda un pouco cara atrás, xira e volve a andar cara adiante.


Empregando o sensor de color e bucle

Usando o sensor de color e o bucle, estas nenas de 6º programaron o robot para que na 1ª liña negra se pare  e tire a gol, e continúe andando ata a 4ª liña negra e volva a tirar a gol.



Traballando a Xeometría plana; triángulo equilatero





martes, 6 de marzo de 2018

Sensor de son "palmada"

O robot comezará a camiñar cara adiante cando escoite uha palmada co sensor de son, e cando choque co sensor dianteiro, anda cara atrás.

xoves, 1 de marzo de 2018

O robot Lego NXT "sube escaleiras"

Neste caso as nenas e nenos de 5º de primaria, programaron o robot NXT para que describa o perímetro dunha escaleira pintada no chan. Para o que necesitarán empregar as matemáticas para calcular cantas rotacións equivalen aos 40 cm que mide cada baldosa. Tamén traballarán cos graos, tanto á esquerda coma á dereita.