sábado, 17 de novembro de 2018

Descubrindo o número Pi con Lego WeDo

Os nenos e nenas de 5º de Primaria están estudando o universo en equipos cooperativos.
Ocorréusenos que podían montar un robot de Lego que semella un satélite artificial. 

Despois acopláronlle un rotulador para que debuxara círculos nunha cartolina.
Pensamos que se podían facer moitas cousas con eses círculos e entón...

En cada equipo escolleron un círculo e recortárono. Doblárono pola metado e coa axuda dunha regra mediron e anotaron  a lonxitude do diámetro.

Para medir a circunferencia empregaron un cordel que colocaron arredor do círculo de cartolina e despois de medir o cordel cunha regra, anotaron tamén a medida.

Os grupos tiñan círculos de tamaños diferentes e polo tando diferentes datos. Empregando a calculadora, fixeron a división entre as dúas medidas.

Cada equipo foi decindo o seu resultado e...sorpresa!!! Todos chegaron a un mesmo número: o número Pi.

Nesta actividade aprendimos xeometría, construímos un robot e programámolo e disfrutamos do colorido de moitos círculos e circunferencias.



xoves, 10 de maio de 2018

Trabajando la GEOMETRÍA con Lego EV3 e NXT

Os rapaces de 5º e 6º de primaria programan o robot Lego NXT para que describa as seguintes figuras xeométricas;
  • Triángulo rectángulo
  • Escaleira
  • Rectángulo








mércores, 2 de maio de 2018

Traballando a xeometría plana con LEGO NXT

O alumnado de 5º e 6º de Primaria, traballa a xeometría plana cos robots.
Hoxe tocou traballar;
  • o triángulo equilátero
  • o cadrado
  • o triángulo isóscele

 





mércores, 7 de marzo de 2018

EV3 co sensor de choque e bucle

O bucle fai que o proceso se repita un número de veces (limitado ou infinito), neste caso anda cara adiante e cando choca co sensor dianteiro, anda un pouco cara atrás (1 rotación) e xira 90º á esquerda, volve a andar.... e así repite o proceso ilimitadamente

Empregando o sensor de choque(táctil) e bucle

Programamos un "roomba" co sensor de choque e o bucle, o robot cando choca anda un pouco cara atrás, xira e volve a andar cara adiante.


Empregando o sensor de color e bucle

Usando o sensor de color e o bucle, estas nenas de 6º programaron o robot para que na 1ª liña negra se pare  e tire a gol, e continúe andando ata a 4ª liña negra e volva a tirar a gol.