domingo, 17 de febreiro de 2019

Relación velocidade, tempo, distancia. Experimentando con MBOT.



Reto:
Ao iniciar, o robot espera un segundo e acende a luz vermella. Avanza á velocidade que se indica na táboa e recorre 60cm. Ao rematar acende a luz verde. Anotamos o tempo empregado.
Repetimos a operación  variando a velocidade e imos anotando os tempos.

Completa esta táboa programando o MBOT. Fai todos os ensaios que precises.


Distancia
Indicador MBOT
Velocidade cm/s
Tempo
60 cm
60


60 cm
80


60 cm
100


60 cm
120




Contesta:
1.Que pasa ao aumentar a velocidade?

2.Estas medidas son directamente proporcionais ou inversamente proporcionais?

3.Cal é a correspondencia entre o indicador do robot e a velocidade en cm/sg? Completa a táboa








domingo, 3 de febreiro de 2019

MBOT. Probando, probando...



Νο obradoiro de 6º de EP comezamos cos MBOT. 
Os retos de hoxe:
Reto 1.
O robot MBOT avanza cara adiante durante 3 segundos e fai unha parada doutros 3 segundos. Acende unha luz branca durante 4 segundos e apágase. Agarda 3 segundos e comeza de novo, agora mostrando unha luz doutra cor.


Reto 2.
Mostrar alternativamente, cada 4 segundos: cara alegre, cara triste, acende unha luz branca, apágase, toca catro notas seguidas e mostra a cara alegre.
Repite dúas veces.

Labirintos con scratch

O reto de hoxe!!!
O alumnado de 6º de EP no obradoiro de robótica segue a traballar co Scratch. Este martes practicou a facer un labirinto e mover un obxecto por dentro do mesmo.






xoves, 10 de xaneiro de 2019

6º de EP. Curso rápido de Scratch

Obradoiro de Robótica 6º EP Primeiro Trimestre

Dentro do proxecto de INTRODUCIÓN DA ROBÓTICA EN PRIMARIA o alumnado do obradoiro recibiu un curso rápido de Scratch, impartido por  Alberto Botana Fidalgo, membro do Colexio de enxeñería  informática de Galicia.

Neste curso, de dez horas de duración,  os nenos e nenas do obradoiro achegáronse a un entorno de programación chamado Scratch, que dispón dunha ferramenta visual que permite programar facilmente.

O alumnado desenvolveu proxectos sinxelos para familiarizarse cos diferentes elementos do entorno.

O curso foi moi ben acollido polos nenos e nenas do grupo que asistiron con asiduidade.



mércores, 9 de xaneiro de 2019

Concepto de velocidade con lego WeDo 4º

O alumnado de cuarto construiu un satélite artificial con Lego WeDo. Despois de pedirlles que fixeran varias secuencias de ordes que tiveron que programar nos seus robots, en equipos, propúxoselle o reto que se pode observar no video. Despois de cada equipo o fixera, fixemos varias preguntas encamiñadas a que descobrisen e interiorizasen o concepto de velocidade, como:

  •  Para que dese unha volta completa hacia a dereita, a velocidade 1, durante canto tempo lle puxestes que xirara?
  • E para dar unha volta enteira hacia a esquerda, a velocidade 4,  durante canto tempo lle tivestes que ordenar que  xirara?
  • Coinciden os dous tempos?
  •  O feito de que os tempos non coincidan depende de se xira a dereita ou a esquerda?
  •  De que depende, entón, que o tempo empregado na segunda volta sexa menor ca o que emprega para dar a primeira volta? 
  • Canto maior é a velocidade de xiro, para recorrer o mesmo camiño, o tempo empregado é maior ou menor?
         

SCRATCH 5º EP. Dando os primeiros pasos...


SCRATCH 5º EDUCACIÓN PRIMARIA

Dando os primeiros pasos....

O alumnado de 5º achegouse ao entorno de programación Scratch dentro da aula ordinaria, como unha actividade transversal e lúdica.

Nos o seus ordenadores dispoñen dunha versión de Scratch que lle permite crear proxectos moi variados: banda deseñada, labirintos...




sábado, 17 de novembro de 2018

Descubrindo o número Pi con Lego WeDo

Os nenos e nenas de 5º de Primaria están estudando o universo en equipos cooperativos.
Ocorréusenos que podían montar un robot de Lego que semella un satélite artificial. 

Despois acopláronlle un rotulador para que debuxara círculos nunha cartolina.
Pensamos que se podían facer moitas cousas con eses círculos e entón...

En cada equipo escolleron un círculo e recortárono. Doblárono pola metado e coa axuda dunha regra mediron e anotaron  a lonxitude do diámetro.

Para medir a circunferencia empregaron un cordel que colocaron arredor do círculo de cartolina e despois de medir o cordel cunha regra, anotaron tamén a medida.

Os grupos tiñan círculos de tamaños diferentes e polo tando diferentes datos. Empregando a calculadora, fixeron a división entre as dúas medidas.

Cada equipo foi decindo o seu resultado e...sorpresa!!! Todos chegaron a un mesmo número: o número Pi.

Nesta actividade aprendimos xeometría, construímos un robot e programámolo e disfrutamos do colorido de moitos círculos e circunferencias.