O alumnado de 6º de EP no obradoiro de robótica segue a traballar co Scratch. Este martes practicou a facer un labirinto e mover un obxecto por dentro do mesmo.
Neste blogue iremos contando as actividades que facemos no Obradoiro de Robótica. Neste obradoiro pretendemos fomentar a Programación e a Robótica entre o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria
domingo, 3 de febreiro de 2019
Labirintos con scratch
O reto de hoxe!!!
O alumnado de 6º de EP no obradoiro de robótica segue a traballar co Scratch. Este martes practicou a facer un labirinto e mover un obxecto por dentro do mesmo.
O alumnado de 6º de EP no obradoiro de robótica segue a traballar co Scratch. Este martes practicou a facer un labirinto e mover un obxecto por dentro do mesmo.
xoves, 10 de xaneiro de 2019
6º de EP. Curso rápido de Scratch
Obradoiro de Robótica 6º EP Primeiro Trimestre
Dentro do proxecto de INTRODUCIÓN DA ROBÓTICA EN PRIMARIA o alumnado do obradoiro recibiu un curso rápido de Scratch, impartido por Alberto Botana Fidalgo, membro do Colexio de enxeñería informática de Galicia.
Neste curso, de dez horas de duración, os nenos e nenas do obradoiro achegáronse a un entorno de programación chamado Scratch, que dispón dunha ferramenta visual que permite programar facilmente.
O alumnado desenvolveu proxectos sinxelos para familiarizarse cos diferentes elementos do entorno.
O curso foi moi ben acollido polos nenos e nenas do grupo que asistiron con asiduidade.
mércores, 9 de xaneiro de 2019
Concepto de velocidade con lego WeDo 4º
O alumnado de cuarto construiu un satélite artificial con Lego WeDo. Despois de pedirlles que fixeran varias secuencias de ordes que tiveron que programar nos seus robots, en equipos, propúxoselle o reto que se pode observar no video.
Despois de cada equipo o fixera, fixemos varias preguntas encamiñadas a que descobrisen e interiorizasen o concepto de velocidade, como:
- Para que dese unha volta completa hacia a dereita, a velocidade 1, durante canto tempo lle puxestes que xirara?
- E para dar unha volta enteira hacia a esquerda, a velocidade 4, durante canto tempo lle tivestes que ordenar que xirara?
- Coinciden os dous tempos?
- O feito de que os tempos non coincidan depende de se xira a dereita ou a esquerda?
- De que depende, entón, que o tempo empregado na segunda volta sexa menor ca o que emprega para dar a primeira volta?
- Canto maior é a velocidade de xiro, para recorrer o mesmo camiño, o tempo empregado é maior ou menor?
SCRATCH 5º EP. Dando os primeiros pasos...
SCRATCH 5º EDUCACIÓN
PRIMARIA
Dando os primeiros
pasos....
O alumnado de 5º
achegouse ao entorno de programación Scratch dentro da aula ordinaria, como
unha actividade transversal e lúdica.
Nos o seus
ordenadores dispoñen dunha versión de Scratch que lle permite crear proxectos
moi variados: banda deseñada, labirintos...
sábado, 17 de novembro de 2018
Descubrindo o número Pi con Lego WeDo
Os nenos e nenas de 5º de Primaria están estudando o universo en equipos cooperativos.
Ocorréusenos que podían montar un robot de Lego que semella un satélite artificial.
Despois acopláronlle un rotulador para que debuxara círculos nunha cartolina.
Pensamos que se podían facer moitas cousas con eses círculos e entón...
En cada equipo escolleron un círculo e recortárono. Doblárono pola metado e coa axuda dunha regra mediron e anotaron a lonxitude do diámetro.
Para medir a circunferencia empregaron un cordel que colocaron arredor do círculo de cartolina e despois de medir o cordel cunha regra, anotaron tamén a medida.
Os grupos tiñan círculos de tamaños diferentes e polo tando diferentes datos. Empregando a calculadora, fixeron a división entre as dúas medidas.
Cada equipo foi decindo o seu resultado e...sorpresa!!! Todos chegaron a un mesmo número: o número Pi.
Nesta actividade aprendimos xeometría, construímos un robot e programámolo e disfrutamos do colorido de moitos círculos e circunferencias.
xoves, 10 de maio de 2018
Trabajando la GEOMETRÍA con Lego EV3 e NXT
Os rapaces de 5º e 6º de primaria programan o robot Lego NXT para que describa as seguintes figuras xeométricas;
- Triángulo rectángulo
- Escaleira
- Rectángulo
mércores, 2 de maio de 2018
Traballando a xeometría plana con LEGO NXT
O alumnado de 5º e 6º de Primaria, traballa a xeometría plana cos robots.
Hoxe tocou traballar;
- o triángulo equilátero
- o cadrado
- o triángulo isóscele
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












